O río Santiago en San Blas, México

                        Pelícanos no esteiro do río Santiago, San Blas, México ©pemónbouzas 


 

San Blas é unha localidade costeira da provincia de Nayarit, México, que tivo unha importancia destacada como Departamento Naval da Mariña Real española no último terzo do séc. XVIII.

Dende o esteiro do río Santiago, no que había un estaleiro, partiron un número importante de expedicións cara o norte, unhas para abastecer as misións e os presidios das chamadas Californias, outras en viaxe de exploración moito máis ao norte e, finalmente, a busca do mítico Paso do Noroeste.

A novela Las luces del Norte refire á viaxe de Xacinto Caamaño na procura do mítico Paso a bordo da fragata Aránzazu, viaxe que levou o mariño de ascendencia galega ata os 55ºNorte, Baía de Bucareli en Alasca, cara o sur, ata Nutka, illa veciña da de Vancouver no Canadá.

Varias veces visitei o porto de San Blas, no que ademais da riqueza histórica atopei riqueza medioambiental e beleza, como os pelícanos da foto sobrevoando o esteiro do río Santiago.

Comentarios