viernes, 30 de enero de 2009

La Voz de Galicia


VOZ DE GALICIA
ENTREVISTA PEMÓN BOUZASautor da novela «Las luces del norte», un trhiller de
base históricaO presentador e guionista recupera os navegantes galegos que chegaron a
Alaska antes ca Cook
Concha Pino
29/2/2008
Foto: La Voz de Galicia

O escritor Pemón Bouzas (Palmeira, 1957) recupera a historia dos navegantes
galegos que descubriron Alaska, malia que quen levou o mérito foi a mariña
inglesa e Cook, na súa segunda novela, Las luces del norte , editada por
Styria e que se presenta hoxe ás oito do serán na sede da Fundación Caixa
Galicia. Pemón, que traballa dende hai anos na TVG como presentador,
guionista e director de programas, construíu un thriller que reivindica os
méritos e fazañas de mariños como Mourelle da Rúa, que era de Corme, e o
grovense Caamaño,

-¿Como deu co tema?
-Foi anecdótico, porque todo empezou hai doce anos, cando a miña filla me
preguntou se Pocahontas, o personaxe de Disney, existira de verdade.
Propúxenlle comprobalo nunha enciclopedia, pero a miña sorpresa foi cando
me topei co nome Caamaño, que é o meu segundo apelido, en varios lugares
de Alaska, e empecei a mirar. Resultou ser un navegante galego, do Grove,
que no século XVIII participou na exploración da costa noroeste de América, o
que era a Brithis Columbia de Canada hasta Alaska. Fun descubrindo máis
cousas. Caamaño repartiuse con Malaspina a aventura de buscar un paso que
se supoñía que comunicaba o océano Atlántico co Pacífico. E púxome en
contacto con americanistas da Complutense de Madrid, que me
proporcionaron documentación, bibliografía.
-¿Viaxou a Alaska?
-Si, fun de vacacións en catro ocasións. E nunha das primeiras viaxes coñecín a un
profesor de linguas románicas na universidade de alí, Tejerina, un leonés que
é un dos personaxes principais da novela, porque a trama xira arredor del e
dos seus colaboradores no departamento. Tejerina foi fundamental, porque a
raíz das nosas conversas mudei a intención de que a base histórica da novela
se artellara nun trhiller . Non tiña claro se escoller a Mourelle ou a Caamaño,
pero cando coñecín a Tejerina naceu a idea de que fosen os universitarios os
que lle deran vida á historia, cun cambio de plano histórico que obriga ao
lector a cambiar de chip .
-¿Volve sobre a historia polo éxito da primeira novela, «El informe Manila»?
-Sempre me gustou a historia, pero El informe Manila foi un encargo. Pedíronme que lles presentara un abano de personaxes, e de todos os que propuxen, que eran galegos, escolleron o de Isabel Barreto de Mendaña cando fixeron a segunda viaxe para descubrir as illas Salomón. Era da que menos documentación había, por iso hai unha parte, a peruana, moi novelada, e outra baseada nos diarios de navegación que se conservan.
-¿Foi moi longa a fase para documentar este novo libro?
-Esa parte é a máis bonita, pero tamén dura. Empezas en Internet, buscando
fontes, contactos e vas tirando e ampliando o campo. O tempo é relativo,
porque empecei hai doce anos documentándome moito ao principio, pero
seguín aos poucos, porque escribín con Xosé A. Domelo Mitos, ritos y
leyendas e ¿Y después del abrazo al santo qué? , e a anterior novela. Esta
quedou aparcada até que no 2005 a retomei e traballei diariamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario